GALEUROPA

GALEUROPA 2018

O Grupo Compostela de Universidades participa no programa GALEUROPA na edición 2018 do procedemento BS324B – Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: para entidades sen ánimo de lucro.

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, a través da realización de estadías de tres meses en Portugal, Italia e Reino Unido. Durante estas estadías realizarán prácticas en empresas cunha duración de 100 horas mensuais, o que contribuirá a mellorar a súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia á adquisición de competencias na lingua de traballo do país de destino.

Información da presente convocatoria

1. Número de prazas ofertadas por países de destino:

  • Catro prazas para Portugal.
  • Seis prazas para o Reino Unido.
  • Cinco prazas para Italia.

O proxecto ten reservadas nun dos fluxos de mobilidade un 45% dos/as destinatarios/as con discapacidade superior ou igual ao 33%.

2. Duración das mobilidades: tres meses.

Galeuropa GCU

3. Coberturas do programa:

  • A viaxe de ida e volta.
  • Prácticas en empresa.
  • Aloxamento en apartamento e manutención dos/as participantes.
  • Transporte local.
  • Seguro médico e de Responsabilidade Civil.
  • A formación lingüística de apoio.
  • Mentor/a no país.

4. Requisitos para participar no programa:

  • Ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado en Galicia.
  • Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Ter dispoñibilidade de finais de agosto ao 30 de novembro e a motivación para vivir noutro país.
  • DNI ou pasaporte válido en vigor para poder viaxar.
  • Poseer tarxeta sanitaria europea.
  • En cumprimento dos criterios da orde se priorizá as personas de menor idade, sen experiencia en mobilidade.
  • Superar o proceso de selección do programa.

5. Presentación de candidaturas

O prazo de presentación de candidaturas rematará na data que indica o extracto da convocatoria publicado na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Se tedes algunha dúbida contacta con nós a través do correo electrónico grupo.compostela.galeuropa@usc.es ou o teléfono 881 180 053.

Podes presentar a túa candidatura a través deste formulario online.

Novo prazo de presentación de solicitudes: ata ó 1 de setembro.

Grupo Compostela de Universidades
Casa da Cuncha, Rúa da Conga, 1
15782 Santiago de Compostela
(España)

Footer Galeuropa